
SheSaidYES
Un espazo dedicado á moda nupcial e de cerimonia, creado para acompañarte nos momentos máis importantes e especiais da túa vida. A nosa web nace coa ilusión de ofrecer unha experiencia completa, onde cada detalle conta e cada elección ten significado.
Traballamos con deseños actuais, materiais de alta calidade e propostas que combinan tradición e tendencias, sempre co obxectivo de ofrecer pezas especiais que transmitan emoción e autenticidade. Cremos que cada celebración é única e que cada muller merece sentirse segura, cómoda e ela mesma nun día tan sinalado.
“Fai que a tua voda sexa única e inolvidable”
+10
Anos de experiencia
+800
Noivas asesoradas
+200
Deseños e complementos
4
Áreas de especialización
O NOSO EQUIPO

María Loureiro
Dirección creativa
Responsable da definición estética da marca e da selección de vestidos, accesorios e complementos. Supervisa o proceso de elección de coleccións, materiais, acabados e provedores, garantindo coherencia estilística e calidade en cada peza. Coordina tamén a presentación dos produtos tanto en tenda como na páxina web.

Ana Pérez
Asesoramento nupcial
Encárgase da atención directa ás noivas durante as probas e citas personalizadas. Analiza necesidades, preferencias e tipo de celebración para propoñer opcións axeitadas en vestidos, zapatos, velos e accesorios. Realiza o seguimento de cada pedido e coordínase co resto do equipo para cumprir prazos e axustes.

Laura Varela
Xestión e atención ao cliente
Responsable da organización interna, xestión de pedidos, control de stock e atención ao cliente antes e despois da compra. Xestiona consultas, cambios e incidencias, así como a comunicación coa clientela a través da web e outros canais. Asegura o correcto funcionamento dos procesos administrativos e loxísticos.
HORARIOS
HORARIO
- Luns a venres
- 10:00 – 13:30 · 16:30 – 20:00
- Sábados
- 10:00 – 14:00
- Domingos
- Pechado
Atención en tenda durante o horario establecido, sen necesidade de cita previa.
HORARIO CON CITA PREVIA
- Luns a venres
- 10:00 – 14:00 · 16:00 – 20:00
- Sábados
- Con cita previa
- Domingos
- Pechado
Atención personalizada para probas e asesoramento, previa reserva de cita.
HORARIO CONTINUO
- Luns a venres
- 10:00 – 18:00
- Sábados e domingos
- Pechado
Atención ininterrompida durante a xornada laboral.
PERMANECE AO TANTO



